A situación xeográfica do Concello de Quiroga se corresponde co ángulo sueste da provincia de Lugo; o que lle fai limitar ,nalgúns puntos, coas provincias de León e Ourense.
A súa situación a dota dunha descrición territorial asombrosa contando con preto do 40% do sistema montañoso da Serra do Caurel.
Localización xeográfica de Quiroga
Quiroga limita ao norte con Folgoso do Caurel, ao sur con Ribas de Sil e A Pobra de Trives, ao leste coa Rúa e Vilamartín de Valdeorras e ao oeste coa Pobra do Brollón.
Para acceder a este fermoso recanto da xeografía galega podemos facelo pola estrada N-120 (Vigo-Logroño).
Tamén podes chegar en tren seguindo a liña Palencia-A Coruña. Neste caso, a estación de referencia é a de San Clodio-Quiroga; emprazada no concello limítrofe de Ribas de Sil, a unha distancia de 1,5 Km da vila de Quiroga.
Ademais, hai outras vías secundarias que, atravesando Folgoso do Caurel, enlazan coa N-VI á altura de Pedrafita do Cebreiro.
O Concello de Quiroga aséntase sobre unha superficie de 317,4 Km2 e ten unha poboación de 3.424 habitantes (1 de xaneiro de 2015), repartida en 22 parroquias e 123 entidades singulares de poboación; tal e como aparece declarado no NOMENCLÁTOR OFICIAL XUNTA DE GALICIA.
O núcleo urbano de Quiroga se sitúa nas seguintes coordenadas xeográficas: 42°28’45” N e 7°16’10” W; a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 245 e 275 m.
A xeometría municipal correspóndese xenericamente cun triángulo deformado; o lado sur, constituído polo río Sil. O lado leste, composto polos límites coas provincias de León e Ourense; e un terceiro lado marcado pola divisoria con Folgoso do Caurel e A Pobra do Brollón, de orientación NE-SW.
Se tes dificultades para ver o mapa, pincha na seguinte ligazón: Mapa de localización do Concello de Quiroga
Se queres obter máis información sobre o que o noso Concello te ofrece, podes acceder a seguinte ligazón: Descrición xeográfica de Quiroga
